SABADO, 18 de XUÑO de 2022
Amig@s andareg@s:
A concellaría de Educación, Deportes e Emprego do Concello de Dodro e a Asociación Colectivo Remonte invítanos a participar na 2ª Camiñata Nocturna do Concello de Dodro, percorrido circular de 12 kilómetros e baixa dificultade, con saída e chegada ó Polideportivo municipal de Dodro (Tallos).
A hora de SAÍDA será á 22.30, e a entrega de dorsais entre as 21:15 e as 22:15.
Ó finalizar haberá servicios de vestiarios, diplomas e chocolate quente para tod@s.
O prazo para formalizar a inscrición (5€) e ata o 15 de xuño (22:00 h) ou cando se cubran as 200 prazas dispostas pola organización.
Deberedes traer linterna ou frontal e recoméndase levar unha pequena mochila con tiritas, cremas e cantimplora.