17ª ANDAINA BISBARRA DO SAR

CONCELLOS  de PADRON, ROIS e DODRO

Sábado, 13 de Abril de 2024

CARACTERÍSTICAS DO PERCORRIDO

Percorrido de 50 quilómetros dividido en 2 aneis (32+18), que transcorre por sendas, ríos, pistas forestais, sendeiros e aldeas con chan asfaltado.

Os roteiros estarán sinalados con fitas e frechas e puntos de cor LARANXA no chan.

COMO FACER A PROBA

Ao tratarse dunha proba de fondo, convén estar ben preparado e dosificar o esforzo. A organización posibilita facer o percorrido de 2 formas diferentes:

1/ CON RETENCIONS: Teredes que facer a proba CAMIÑANDO. (Haberá retencions nos controis. Tempo: entre 7:45 e 11:30 horas).

  • Só os/as participantes que completen o percorrido camiñando, terán dereito o diploma acreditativo valedoiro para a “ Liga Galega de Sendeirismo 2024 da Federación Galega de Montañismo ”.
  • (Obterán a distinción da Federación Galega de Montañismo, aquel@s e teñan licenza federativa no 2024 e consigan rematar un mínimo de probas que estabelecerá a Federación).
  • Descualificaranse aos que corran ou troten nesta modalidade, de xeito que non teran dereito ao diploma.
  • Os/as camiñantes que non completen o percorrido no seu diploma figurará o número de km. feitos, según os controis da organización.

2/ SIN RETENCIONS: Poderedes facer a proba CORRENDO ou TROTANDO. (Non haberá retencións nos controis. Tempo máximo para rematar: 6:30 h.)

  • Os participantes da modalidade “sen retencións” terá un tempo máximo de paso de 3:45 horas no km: 32 ( 8,5 Km/h ) . De non cumprilo, terán 2 opcións: pasarse á modalidade camiñando ou terá que abandoar.
  • Recomendase que levedes mochila con provisions, pois non garantizamos que os avituallamentos dos Km 20 e 40 esten abertos cando pasedes.
  • @s que completen no tempo establecido a proba na modalidade de “Sen retencións”, daráselle un diploma co tempo empregado. (non lle valerá para puntuar na Liga Galega de Sendeirismo)

Nº DE PLAZAS

  • A proba non ten límite de prazas de inscripción entre o 11 de Decembro eo 10 de Abril (20:00 h).

PARTICIPANTES

*Saída: Paseo del Espolón (Estatua Camilo José Cela) as 09:00 horas. A recollida de dorsais será no Polideportivo Mpal. do Souto de 7:50 a 8:50.

  • Os primeiros 1.500 m. son neutralizados. Aquel@s que non cheguen puntuais seralle pouco doado facer a proba completa.
  • Nova importante: @s que queiran facer so o 2º anel poderán sair as 9:00. ( Para esta opción poderase saír tamen as 13:00).

En resumo: As opcións para participar na proba son as seguintes:

  • Aconsellase levar calzado que suxeite ben o pe e unha mochila con: tfo. móbil, chuvasqueiro, gafas de sol, cremas, tiriñas, viseira, cantimplora ou bidón ( no se entregarán botellas nin vasos de plástico nos avituallamentos).
  • Recoméndase non saltar os avituallamentos (alimentos xenéricos) e facelos en pequenas cantidades.
  • O dorsal-pulseira deberá levarse posto, e para poder participar na comida do final haberá que amosalo na entrada da carpa.
  • Os que abandonen por vontade propia, terán que avisar no control mais preto ao persoal da organización.
  • Ideal dispor de licenza federativa (montaña) ou dalgún seguro deportivo.
  • Non participar con cans ou outros animais de compañia, xa que os seguros deportivos e de responsabilidade civil da proba prohiben a súa participación.
  • Deberán socorrer aos accidentados que necesiten axuda, así como avisar dos percances nos controis de paso que se atopen máis preto da incidencia.
  • Tódolos participantes, polo feito de formar parte da proba, aceptan as condicións da organización.
    ORGANIZACIÓN
  • Tratarase de minimizar os riscos da proba, pero a organización non se fará responsable dos danos que poidan sufrir os participantes, estando polo tanto exenta de calquera tipo de indemnización.
  • Subscribirá un seguro de accidentes para os participantes da proba que NO ESTÉN FEDERADOS na Federación Galega de Montañismo. (o seguro non cubre a participación de mascotas).
  • Os menores de idade terán a obriga de ir acompañados por adultos, que serán os responsables da súa seguridade.
  • Os organizadores resérvanse o dereito de poder retirar aos participantes que entendan no se atopen nas condicións físicas axeitadas para rematar a proba, ou ben que excedan os tempos máximos estipulados. Non se facilitará o track aos participantes.

*Así mesmo descualificaranse da proba a todos os inscritos que: troten ou corran na modalidade “Camiñando”; que arroxen lixo, que no pasen os controis de paso ou que non auxilien a outros participantes.

  • A organización poderá facer as modificacións que vexa necesarias, para o correcto desenvolvemento da proba. En caso de forza maior podería suspender a proba.
  • Salvo urxencia, os organizadores recollerán aos participantes que abandonen (grupos de 4 en cada viaxe) nos puntos de control-avituallamento ( alimentos xenéricos).
  • Haberá 2 turnos para a cea: 17:45 a 19:00 e 19:30 a 21:00. (Os do 1º turno terán que deixar libre as mesas da pulpería as 19:20).

ASOCIACIÓN COLECTIVO REMONTE  2024