TRAIL

O vindeiro 14 de Abril celébrase o 2º TRAIL na BISBARRA do SAR. A proba, circular de 15 Km, con saída e chegada no Paseo do Espolón de PADRÓN, conta cun desnivel aprox. de 600 metros positivos. O tempo límite para a súa realización será de 2 horas 30 minutos.

O trail está organizado pola ASOCIACIÓN COLECTIVO REMONTE, e as concellerías de Deportes de Rois e Padrón, contando coa autorización de actividade deportiva da Consellería de Presidencia da Xunta de Galicia.

O percorrido atravesará o mirador situado no Monte Meda (448 metros), espazo forestal con abundante monte baixo e terreo granítico.

Teredes vistas espectaculares, destacando: a ría de Arousa e a desembocaduras dos ríos Sar e Ulla, así como Padrón e Iria Flavia. E se contamos con día despexado, as torres da Catedral de Santiago, A Estrada, Vilagarcía e ata a Illa de Arousa estarán ante nós. Xa xuglares e poetas, como “Macías o Namorado”, fixeron o seu recoñecimento a este monte con numerosos cánticos e ditos populares.

Ao remate, haberá sorteo de agasallos e, posteriormente, realizarase a entrega de trofeos. Todos os corredores poderán asistir a unha comida con produtos galegos.
Contamos ca vosa participación.

ASOCIACIÓN COLECTIVO REMONTE 2018