O trail

PERCORRIDO:

Lugar: Padrón Salida e Chegada: Paseo do Espolón

Saída: 11:00 horas. Tempo máximo para rematar a proba: 2:30 horas

Circular de 15 Km. (desnivel aproximado de 600 metros positivos) sinalizado con fitas e marcas no chan, que transitará polo monte Meda.

Haberá tramos de asfalto (3 Km); camiños (4); pistas forestaís (4) e cortalumes (4).

Nalgúns puntos cruzaranse estradas con tráfico, inda que vixilados por membros de Protección civil, debese ter a máxima precaución e respetar as normas de circulación.

DORSAIS:

Entregaranse o día da proba no punto de encontro (Poli. Mpal. do Souto, ao lado do campo de fútbol), entre as 09:15 h. e as 10:45.

A entrega do dorsal será persoalizada (poderase solicitar acreditación oficial) previa firma na folla de control.

A organización poderá establecer un control para retirar a todolos participantes sin dorsal.

TROFEOS:

A entrega de trofeos realizarase nun espazo preto da liña de meta a partir das 13:30

HOMES : 3 primeiros en categoría Senior (ata 45 anos) e Veterán (+ 45)

MULLERES: 3 primeiras en categoría Senior (ata 40 anos) e Veterana (+ 40)

EQUIPOS (deberán ser mixtos e compoñelo un mínimo de 4 participantes): 3 primeiros (puntuarán os tempos d@s 3 mellores corredor@s de cada equipo)

A organización poderá solicitar a os atletas xustificar a sua idade.

PARTICIPANTES:

A/ OBLIGACIONS

Os participantes asumen QUE:

  1. existe o risco dun accidente e non sempre se pode acceder cos servicios de emerxencia a todas as zonas do percorrido.
  2. a idade mínima para participar é de 18 anos (poderase solicitar o DNI).
  3. autorizan á organización a utilizar a sua imaxe fotográfica ou videográfica.
  4. están obrigados a auxiliar a outros participantes que precisen de axuda, así como a respetar as regras de circulación nos tramos e cruces de carreteiras.
  5. e recomendable levar móvil, bidón con liquido e roupa axeitada a climatoloxía do día da proba.
  6. están obrigados a informar do seu abandono nos controís.
  7. deberán levar o dorsal en un lugar visibel ata o remate da proba. Ao entrégalo recibirán un vale para a comida.
  8. a organización facilitará o tempo final da proba (non haberá tempos intermedios) e poderá retirar a os participantes que consideren que no están en condicions aptas. Os tempos e clasificación publicaranse na web.

B/ DEREITOS:

  1. Cronometraxe electrónico por chip.
  2. Seguro de accidentes do corredor*.
  3. Asistencia médica en carreira.
  4. Avituallamentos (Kms 7,5 e 15: augua,isotónicas,froita,froitos secos,barrita)
  5. Servicios de ducha e vestiarios.
  6. Diploma de participación
  7. Trofeos.
  8. Participar no sorteo de regalos.
  9. Unha Comida por participante.
    *Morte (6.000 €); invalidez (6.000 €); asistencia sanitaria (1.500 € en centros concertados).

C/ DESCALIFICACIONS por:

  1. Amosar unha conducta antideportiva (atallar, sacar fitas, non auxiliar a outro participante,.. ..)
  2. Non rematar o percorrido.
  3. Poñer en risco a súa integridade ou a de outros participantes.
  4. Non respectar o medioambiente.
  5. Non atender as indicacións da organización.

OUTRAS CONSIDERACIÓNS:

A Organización resolverá calquer disposición non recollida neste regulamento. As reclamacións faranse o remate da proba.

A organización aínda que subscribirá un seguro de accidentes, non se fará responsable dos danos que poidan sufrir os participantes, estando polo tanto exenta de calquera tipo de indemnización.
A organización poderá facer as modificacións que entenda necesarias para o correcto desenvolvemento da proba. En caso de forza maior podería chegar a suspender a proba transladandoa a nova data.

O importe da inscrición non será reembolsable en ningún caso.

O descoñecemento deste regulamento non exime do seu cumprimento.

A organización NON SE FARA RESPONSABLE dos danos físicos, morais ou materiais que poidan sufrir os participantes antes, despoís ou durante o desenrolo da proba.

D/ INSCRICIÓNS:

PRAZOS: 1 de XANEIRO ata 10 de ABRIL (20:00 h.)

MÁXIMO: 250 PARTICIPANTES.

INSCRIPCIÓN

PRAZOS PREZO
1 de XANEIRO ata 10 de MARZO 10€
1 1 de MARZO ata 10 de ABRIL 13€

ASOCIACIÓN COLECTIVO REMONTE 2018