12ª ANDAINA BISBARRA DO SAR

12ª ANDAINA BISBARRA DO SAR
CONCELLOS de PADRON e ROIS
Sábado; 6 de Abril de 2019

CARACTERÍSTICAS DO PERCORRIDO
Percorrido de 50 quilómetros dividido en 3 aneis (28,5 + 10,5+ 11,0), que
transcorre por sendas, pistas forestais, cortalumes, sendeiros e aldeas con
chan asfaltado.
Ao tratarse dunha proba de fondo, convén estar ben preparado e dosificar o
esforzo.
COMO FACER A PROBA
A organización posibilita facer o percorrido de 2 formas diferentes:

CAMIÑANDO:

  1. Haberá RETENCIÓNS nos controis. Tempo: entre 7:45 e 12:00 horas
  2. Só os/as participantes que completen o percorrido camiñando, terán dereito o diploma acreditativo valedoiro para a “ Copa Galega de Andainas 2019 ”.
  3. (Obterán a distinción da Federación Galega de Montañismo, aqueles que completen un mínimo de 6 probas da Copa e teñan licenza federativa de montaña no 2019)
  4. Os/as camiñantes que non completen o percorrido terán dereito a un diploma de participación, no que figurará o número de km. feitos, segundo os controis ou etapas completadas.
    Descualificaranse aos que corran ou troten nesta modalidade.

CORRENDO :

  1. Non haberá retencións nos controis.Tempo máximo: 6:30 h.
  2. Os participantes da modalidade “sen retencións” terá un tempo máximo de paso de 3:30 horas no km: 28,50. De non cumprilo, terán 2 opcións: pasarse á modalidade camiñando ou abandoar.
  3. Terán a obrigación de levar mochila, para poder recoller provisións nos puntos de avituallamento que atopen abertos (Os dos Km 35 e 45 non se garantiza que os atopen abertos).
  4. @s que completen no tempo establecido a proba na modalidade de “Sen retencións”, daráselle un diploma co tempo empregado.( non valerá para a Copa Galega de Andainas)

Nº DE PLAZAS

  • A inscripción poderá facerse dende o 1 de Decembro ata o 31 de Marzo.

PARTICIPANTES

  • Terán que recoller os dorsais entre as 8:00 e as 8:45. Punto encontro:
    Polideportivo Municipal do Souto (PADRON)
  • A saída será as 9:00 da maña dende a Praza de Macías de Padrón.
  • Como o primeiro Km non ten fitas, aqueles que non cheguen puntuais seralle
    pouco doado facer a proba completa.
  • Aqueles que queiran empezar no 2 anel debén recoller os dorsais entre
    as 13:00 e as 13:15. ( saída as 13:30) e os que so queiran facer o 3º tramo
    (11 km) recollerán o dorsal entre as 16:45 e as 17:00 (saída 17:15)..
  • En resumo: As opcións para facer a proba son as seguintes:
    – OPCIÓN 1: 50,0 KM anel 1+ 2 +3 Saída: 09:00
    – OPCIÓN 2: 28,5 Km anel 1 Saída: 09:00
    – OPCIÓN 3: 39,0 Km anel 1 + 2 Saída: 09:00
    – OPCIÓN 4: 39,5 KM anel 1 + 3 Saída: 09:00
    – OPCIÓN 5: 21,5 Km anel 2 + 3 Saída: 13:30
    – OPCIÓN 6: 10,5 Km anel 2 Saída: 13:30
    – OPCIÓN 7: 11,0 Km anel 3 Saída: 17:15
  • Aconsellase levar calzado que suxeite ben o pe e unha mochila con: tfo.
    móbil, chuvasqueiro, gafas de sol, cremas, tiriñas, viseira, …
  • Recoméndase non saltar os avituallamentos e facelos en pequenas
    cantidades.
  • O dorsal deberá levarse posto en lugar visíbel, e para poder participar na
    comida do final haberá que amosalo na entrada da carpa.
  • Os que abandonen por vontade propia, terán que entregar o dorsal e avisar
    no control mais preto ao persoal da organización.
  • Ideal dispor de licenza federativa (montaña) ou dalgún seguro deportivo.
  • Terán a obriga de socorrer aos accidentados que necesiten axuda, así como
    avisar dos percances nos controis de paso que se atopen máis preto da
    incidencia.
  • Tódolos participantes, polo feito de formar parte da proba, aceptan as
    condicións da organización.

ORGANIZACIÓN

  • Tratarase de minimizar os riscos da proba, pero a organización non se fará
    responsable dos danos que poidan sufrir os participantes, estando polo
    tanto exenta de calquera tipo de indemnización.
  • Subscribirá un seguro de accidentes para os participantes da proba que
    NO ESTÉN FEDERADOS na Federación Galega de Montañismo.
  • Os menores de idade terán a obriga de ir acompañados por adultos, que
    serán os responsables da súa seguridade.
  • Os organizadores resérvanse o dereito de poder retirar aos participantes que
    entendan no se atopen nas condicións físicas axeitadas para rematar a proba,
    ou ben que excedan os tempos máximos estipulados.
  • Así mesmo descualificaranse da proba a todos os inscritos que: troten
    ou corran na modalidade “Camiñando”; que arroxen lixo, que no pasen os
    controis de paso ou que non auxilien a outros participantes.
  • A organización poderá facer as modificacións que vexa necesarias, para o
    correcto desenvolvemento da proba. En caso de forza maior podería suspender
    a proba.
  • Salvo urxencia, os organizadores recollerán aos participantes que abandonen
    nos puntos de control-avituallamento. (grupos de 8 en cada viaxe).
  • Haberá 2 turnos para a cea: 18:00 a 19:20 e 19:40 a 21:00. (Os do 1º turno
    terán que deixar libre as mesas da pulpería as 19:30).
ASOCIACIÓN COLECTIVO REMONTE 2019