A proba

ORG.: ASOC. COLECTIVO REMONTE & CONCELLO ROIS & CONCELLO PADRON & CONCELLO DODRO

13ª ANDAINA “BISBARRA DO SAR
CONCELLOS de DODRO, PADRON e ROIS
Sábado; 20 de Marzo de 2020

CARACTERÍSTICAS DO PERCORRIDO

Percorrido de 50 quilómetros dividido en 3 aneis (17 + 13 + 20), que transcorre por sendas, ríos, pistas forestais, sendeiros e aldeas con chan asfaltado.

Ao tratarse dunha proba de fondo, convén estar ben preparado e dosificar o esforzo.

COMO FACER A PROBA

A organización posibilita facer o percorrido de 2 formas diferentes:

1/ CAMIÑANDO:

* Haberá RETENCIÓNS nos controis. Tempo: entre 7:45 e 12:00 horas

* Só os/as participantes que completen o percorrido camiñando, terán dereito o diploma acreditativo valedoiro para a “ Copa Galega de Andainas 2020 ”.

* (Obterán a distinción da Federación Galega de Montañismo, aqueles que completen un mínimo de 7 probas da Copa e teñan licenza federativa de montaña no 2020).

* Os/as camiñantes que non completen o percorrido terán dereito a un diploma no que figurará o número de km. feitos, segundo os controis ou etapas completadas.

Descualificaranse aos que corran ou troten nesta modalidade.

2/ CORRENDO :

* Non haberá retencións nos controis. Tempo máximo: 6:30 h.

* Os participantes da modalidade “sen retencións” terá un tempo máximo de paso de 3:50 horas no km: 30. De non cumprilo, terán 2 opcións: pasarse á modalidade camiñando ou abandoar.

* Recomensase levar mochila, para poder recoller provisións nos puntos de avituallamento que atopen abertos (Os dos Km 23 e 41 non se garantiza que os atopen abertos).

* @s que completen no tempo establecido a proba na modalidade de “Sen retencións”, daráselle un diploma co tempo empregado.( non valerá para a Copa Galega de Andainas)

Nº DE PLAZAS

* A proba non terá límite de prazas de inscripción entre o 25 de Novembro eo 25 de Marzo (23:59 h).

PARTICIPANTES

* Terán que recoller os dorsais entre as 8:00 e as 8:45. Punto encontro: Polideportivo Municipal do Souto (PADRON)

* A saída será as 9:00 da maña dende a Praza Rodríguez Cobián.

* Como o primeiro Km non ten fitas, aqueles que non cheguen puntuais seralle pouco doado facer a proba completa.

* Aqueles que queiran empezar no 2 anel debén recoller os dorsais entre as 12:00 e as 12:15. ( saída as 12:30) e os que so queiran facer o 3º tramo (20 km) recollerán o dorsal entre as 14:30 e as 14:45 (saída 15:00).

En resumo: As opcións para participar na proba son as seguintes:

-OPCIÓN-1: 50,0 KM anel 1+ 2 +3 Saída: 09:00
-OPCIÓN-2: 17,0 Km anel 1 Saída: 09:00
-OPCIÓN-3: 30,0 Km anel 1 + 2 Saída: 09:00
-OPCIÓN-4: 37,0 KM anel 1 + 3 Saída: 09:00
-OPCIÓN-5: 33,0 Km anel 2 + 3 Saída: 12:30
-OPCIÓN-6: 13,0 Km anel 2 Saída: 12:30
-OPCIÓN-7: 20,0 Km anel 3 Saída: 15:00

* Aconsellase levar calzado que suxeite ben o pe e unha mochila con: tfo. móbil, chuvasqueiro, gafas de sol, cremas, tiriñas, viseira, …

* Recoméndase non saltar os avituallamentos e facelos en pequenas cantidades.

* O dorsal deberá levarse posto en lugar visíbel, e para poder participar na comida do final haberá que amosalo na entrada da carpa.

* Os que abandonen por vontade propia, terán que entregar o dorsal e avisar no control mais preto ao persoal da organización.

* Ideal dispor de licenza federativa (montaña) ou dalgún seguro deportivo.

* Deberán socorrer aos accidentados que necesiten axuda, así como avisar dos percances nos controis de paso que se atopen máis preto da incidencia.

* Tódolos participantes, polo feito de formar parte da proba, aceptan as condicións da organización.

ORGANIZACIÓN

* Tratarase de minimizar os riscos da proba, pero a organización non se fará responsable dos danos que poidan sufrir os participantes, estando polo tanto exenta de calquera tipo de indemnización.

* Subscribirá un seguro de accidentes para os participantes da proba que NO ESTÉN FEDERADOS na Federación Galega de Montañismo.

* Os menores de idade terán a obriga de ir acompañados por adultos, que serán os responsables da súa seguridade.

* Os organizadores resérvanse o dereito de poder retirar aos participantes que entendan no se atopen nas condicións físicas axeitadas para rematar a proba, ou ben que excedan os tempos máximos estipulados.

*Así mesmo descualificaranse da proba a todos os inscritos que: troten ou corran na modalidade “Camiñando”; que arroxen lixo, que no pasen os controis de paso ou que non auxilien a outros participantes.

* A organización poderá facer as modificacións que vexa necesarias, para o correcto desenvolvemento da proba. En caso de forza maior podería suspender a proba.

* Salvo urxencia, os organizadores recollerán aos participantes que abandonen nos puntos de control-avituallamento. (grupos de 8 en cada viaxe).

* Haberá 2 turnos para a cea: 18:00 a 19:20 e 19:40 a 21:00. (Os do 1º turno terán que deixar libre as mesas da pulpería as 19:30).

ASOC. COLECTIVO REMONTE 2020