Regulamento da Andaina Bisbarra do Sar 2024

  • Andaina Bisbarra do Sar é unha proba de sendeirismo de 50 Km, organizada pola Asociación Colectivo Remonte e as Concellerías de deportes dos concellos de Dodro, Padrón e Rois, e na que colabora a Federación Galega de Montañismo.
  • A organización: Poderá facer as modificacións que sexan necesarias, para o correcto desenvolvemento da proba. En caso de forza maior podería chegar a suspender a proba.
  • A organización: Resérvase o dereito de poder retirar aos participantes que entenda no se atopen nas condicións físicas axeitadas para rematar a proba ou as que non respecten o medio. Tamén poderá descalificar a os participantes que na proba de “Camiñando” corran, troten ou no respecten os tempos de retención establecidos.
  • A organización: Subscribirá un seguro de accidentes para os participantes da proba que NO ESTÉN FEDERADOS, polo que non se fará responsable dos danos que poidan sufrir os participantes, estando polo tanto exenta de calquera tipo de indemnización. Non se tera permiso nin seguro para participar con mascotas.
  • Os participantes: Deberán seguir as indicacións dos organizadores. Convén que dispoñan de licenza federativa (ficha montaña), ou dalgún seguro deportivo particular, que lle cubra calquer accidente que poida sufrir durante a proba.
  • Os participantes: Deberán socorrer aos accidentados que necesiten axuda, así como avisar nos controís de paso dos percances ou incidencias que se atopen.
  • Os participantes: autorizan á organización á gravación da súa participación, eo consentimento para a
    súa imaxe para a promoción e difusión da imaxe da proba en todas as súas formas (radio, prensa, vídeo, foto, internet, carteleira, medios de comunicación, etc.) e cede tódolos dereitos relativos á explotación comercial e publicitaria que consideren oportuno executar, sen dereito pola súa parte de recibir compensación económica algunha.
  • Os participantes: Saiben que os tramos do percorrido que vaían por estradas o rúas de poblacións non estarán cortados ao tráfico rodado, debendo gardar as normas xerales de Tráfico ou as indicacions da Organización. Aconsellase cruzar as estradas polos pasos de peons ou sitios balizados.
  • Os participantes: menores de idade deberán ir acompañados por un familiar ou titor, que será o responsable dos mesmos mentres estean facendo a proba.
  • Os participantes: A entrega de dorsais será presencial e persoal; e antes da saída da proba terán que firmar obrigatoriamente na folla de control.
  • Os participantes: Aceptan que o importe da inscrición non será reembolsable en ningún dos casos. Os que se inscriban como federados en Montañismo saiben que non se lle suscribirá seguro de accidentes para a proba, por estar cubertos co seguro federativo.
  • O feito de facer a inscrición conleva que: tódolos participantes asumen os riscos da proba e aceptan as condicións da organización.

ASOCIACIÓN COLECTIVO REMONTE  2024