Andaina Bisbarra do Sar

16ª Andaina Bisbarra do Sar, sábado 25 de marzo de 2023

ORG.: ASOC. COLECTIVO REMONTE & CONCELLO ROIS & CONCELLO PADRON & CONCELLO DODRO

16ª ANDAINA BISBARRA DO SAR
CONCELLOS de PADRÓN, ROIS e DODRO
Sábado; 25 de Marzo de 2023

CARACTERÍSTICAS DO PERCORRIDO

Percorrido de 50 quilómetros dividido en 2 aneis (29+21), que transcorre por sendas, ríos, pistas forestais, sendeiros e aldeas con chan asfaltado.

Os roteiros estarán sinalados con fitas (abanca ou gadis) e frechas e puntos de cor LARANXA no chan.

COMO FACER A PROBA

Ao tratarse dunha proba de fondo, convén estar ben preparado e dosificar o esforzo. A organización posibilita facer o percorrido de 2 formas diferentes:

1/ CAMIÑANDO:

* Haberá RETENCIÓNS nos controis. Tempo: entre 7:45 e 11:30 horas

* Só os/as participantes que completen o percorrido camiñando, terán dereito o diploma acreditativo valedoiro para a “ Copa Galega de Andainas 2023 ”.

* (Obterán a distinción da Federación Galega de Montañismo, aqueles que completen un mínimo de probas da Copa e teñan licenza federativa de montaña no 2023).

* Os/as camiñantes que non completen o percorrido terán dereito a un diploma no que figurará o número de km. feitos, segundo os controis ou etapas completadas.

Descualificaranse aos que corran ou troten nesta modalidade.

2/ CORRENDO:

* Non haberá retencións nos controis. Tempo máximo: 6:15 h.

* Os participantes da modalidade “sen retencións” terá un tempo máximo de paso de 3:15 horas no km: 29. De non cumprilo, terán 2 opcións: pasarse á modalidade camiñando ou abandoar.

* Recomendase que levedes mochila con provisions, pois non garantizamos que os avituallamentos dos Km 21 e 40 esten abertos cando pasedes.

* @s que completen no tempo establecido a proba na modalidade de “Sen retencións”, daráselle un diploma co tempo empregado. (non valerá para a Copa Galega de Andainas)

Nº DE PLAZAS

* A proba non terá límite de prazas de inscripción entre o 1 de Decembro eo 20 de Marzo (23:59 h).

PARTICIPANTES

* Saída: Polideportivo Municipal do Souto (PADRÓN) as 09:00 horas. A recollida de dorsais será de 8:00 a 8:50.

* Como o primeiro Km non ten fitas, aqueles que non cheguen puntuais seralle pouco doado facer a proba completa.

* Aqueles que queiran empezar no 2 anel debén recoller os dorsais entre as 12:15 e as 12:45. ( saída as 13:00)

En resumo: As opcións para participar na proba son as seguintes:

* Aconsellase levar calzado que suxeite ben o pe e unha mochila con: tfo. móbil, chuvasqueiro, gafas de sol, cremas, tiriñas, viseira, cantimplora ou bidón (este ano no se entregarán botellas nin vasos de plástico nos avituallamentos) …

* Recoméndase non saltar os avituallamentos e facelos en pequenas cantidades.

* O dorsal-pulseira deberá levarse posto, e para poder participar na comida do final haberá que amosalo na entrada da carpa.

* Os que abandonen por vontade propia, terán que avisar no control mais preto ao persoal da organización.

* Ideal dispor de licenza federativa (montaña) ou dalgún seguro deportivo.

* Deberán socorrer aos accidentados que necesiten axuda, así como avisar dos percances nos controis de paso que se atopen máis preto da incidencia.

* Tódolos participantes, polo feito de formar parte da proba, aceptan as condicións da organización.

ORGANIZACIÓN

* Tratarase de minimizar os riscos da proba, pero a organización non se fará responsable dos danos que poidan sufrir os participantes, estando polo tanto exenta de calquera tipo de indemnización.

* Subscribirá un seguro de accidentes para os participantes da proba que NON ESTÉN FEDERADOS na Federación Galega de Montañismo,

* Os menores de idade terán a obriga de ir acompañados por adultos, que serán os responsables da súa seguridade.

* Os organizadores resérvanse o dereito de poder retirar aos participantes que entendan no se atopen nas condicións físicas axeitadas para rematar a proba, ou ben que excedan os tempos máximos estipulados. Non se facilitará track.

*Así mesmo descualificaranse da proba a todos os inscritos que: troten ou corran na modalidade “Camiñando”; que arroxen lixo, que no pasen os controis de paso ou que non auxilien a outros participantes.

* A organización poderá facer as modificacións que vexa necesarias, para o correcto desenvolvemento da proba. En caso de forza maior podería suspender a proba.

* Salvo urxencia, os organizadores recollerán aos participantes que abandonen nos puntos de control-avituallamento. (grupos de 6 en cada viaxe).

* Haberá 2 turnos para cear: 18:00 a 19:15 e 19:30 a 21:00. (Os do 1º turno terán que deixar libre as mesas da pulpería as 19:20).

ASOC. COLECTIVO REMONTE 2023