5ª Camiñata Nocturna do Concello de Dodro

ORGANIZAN: ASOC. COLECTIVO REMONTE e CONCELLO de DODRO

VENRES, 30 de MAIO de 2025

Amig@s andareg@s:

Temos o pracer de convidaros a participar na 5ª Camiñata Nocturna do Concello de Dodro, que será o Venres 30 de Maio.

Este ano a SAÍDA (22:30) será dende o POLIDEPORTIVO municipal de DODRO Teredes que coller o voso dorsal entre as 21:00 e as 22:00.

O percorrido, circular de 12 Km., e de baixa dificultade e transcurrirá polas 3 aldeas da parroquia de Dodro. Haberá servizo de vestiarios e duchas.

Ao finalizar a proba recibiredes un diploma e vos ofrecerenos un chocolate quente con rosquillas de Lestrove.

Para formalizar a inscrición (precio 5€) teredes de prazo ata as 20:00 horas do 27 de Maio ou ata completar as 150 prazas dispostas pola organización. (A Concellaría de Deportes de Dodro dispora de 50 plazas de balde para as/os veciños de Dodro -por orden de inscrición-).

Terás que ter una mínima preparación física e traer una linterna ou frontal, unha mochiliña con tiriñas e cantimplora ( non se dará vaso no avituallamento).

Asociación Colectivo Remonte-2025