Regulamento da Camiñata Nocturna de Dodro 2025

ORGANIZACIÓN: ASOCIACION COLECTIVO REMONTE & CONCELLO DODRO

Concello de Dodro
Venres 30 de Maio de 2025

Camiñata nocturna é unha proba de sendeirismo organizada pola Asociación Colectivo Remonte e a Concellería de deportes do concello de Dodro.

A organización: Poderá facer as modificacións que sexan necesarias, para o correcto desenvolvemento da proba. En caso de forza maior podería chegar a suspender a proba.

A organización: Resérvase o dereito de poder retirar aos participantes que entenda no se atopen nas condicións físicas axeitadas para rematar a proba ou as que non respecten o medio. Tamén poderá descalificar a os participantes que: corran, troten ou no respecten os tempos de retención establecidos.

A organización: Subscribirá un seguro de accidentes para tod@s participantes da proba, polo que non se fará responsable dos danos que poidan sufrir os participantes, estando polo tanto exenta de calquera tipo de indemnización.

Os participantes: Teñen a obriga de seguir as indicacións dos organizadores. Convén que dispoñan de licenza federativa (ficha montaña), ou dalgún seguro deportivo particular, que lle cubra calquer accidente que poida sufrir durante a proba.

Os participantes: Terán a obriga de socorrer aos accidentados que necesiten axuda, así como avisar dos percances, nos controis de paso que se atopen máis preto da incidencia.

Os participantes: autorizan á organización á gravación da súa participación, eo consentimento para a súa imaxe para a promoción e difusión da imaxe da proba en todas as súas formas (radio, prensa, vídeo, foto, internet, carteleira, medios de comunicación, etc.) e cede tódolos dereitos relativos á explotación comercial e publicitaria que consideren oportuno executar, sen dereito pola súa parte de recibir compensación económica algunha.

Os participantes: Saiben que os tramos do percorrido que vaían por estradas o rúas de poblacións non estarán cortados ao tráfico rodado, debendo gardar as normas xerales de Tráfico ou as indicacions da Organización. Obrigatorio cruzar as estradas polos pasos de peons ou sitios balizados.

Os participantes: menores de idade deberán ir acompañados por un familiar ou titor, que será o responsable dos mesmos mentres estean facendo a proba.

Os participantes: Aceptan que o importe da inscrición non será reembolsable en ningún dos casos.

O feito de facer a inscrición conleva que: tódolos participantes asumen os riscos da proba e aceptan as condicións da organización.

ASOCIACIÓN COLECTIVO REMONTE 2025